viernes, 11 de diciembre de 2015

PRESENTÁMONOS

Somos unha empresa situada no concello de  Vigo adicada alimentación animal, xardinería, horticultura e complementos nutricionais tanto de animais domésticos coma de mascotas. Dende este espazo queremos abrir unha pequena xanela para darnos a coñecer e que ti nos coñezas. Temos 40 anos de experiencia pero queremos seguir crecendo e aprendendo, a ilusión non nos falla, e por iso abrimos unha nova etapa dentro da nosa vida coma empresa co anhelo de adaptarnos os novos tempos. RURIS é o nome que eliximos para este novo pasiño, unha marca que comeza a camiñar co noso novo espírito de rexuvenecer e de seguir con novos folgos. Dende este espazo iremos presentándovos o noso catálogo de produtos, as novidades, as mercadorías de tempada e as informacións sobre todo o que abrangue o noso campo de traballo. Sede benvidos e grazas por visitarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario